Costas quere construir un dique en Silgar sen estudos medio ambientais

    dique_silgar100_280507_001.jpgSANXENXO > A dirección xeral de costas presentou un proxecto para rexenerar a praia de Silgar en Sanxenxo…

    Ante a pérdida masiva de area cada ano, Costas pretende construír un dique de 150 metros de lonxitude coa fin de atallar o problema. A proposta non foi ben acollida polo concello de Sanxenxo que tralo seu propio estudo medio ambiental estima que a mellor opción é facer un recheo anexo á zona portuaria co obxectivo de non prexudica-los bancos pesqueiros nin ó sector turístico da zona.

    A praia de Silgar segue perdendo area e cada ano moita máis. No 2002 e 2003 Medio Ambiente reencheu a praia con 150.000 metros cúbicos de sedimentos. Agora traeranse 53.000 metros cúbicos de area dende Portugal para rexenera-la praia.

    Para solucionar este problema Costas presentou un proxecto para a construcción de un dique lateral de 150 metros de lonxitude para preservar a praia urbana máis importante da ría de Pontevedra. Medio Ambiente achaca o deterioro do entorno ás obras de construcción e ampliación do porto deportivo Juan Carlos I. Este proxecto foi remitido a tódolos organismos públicos pertinentes, entre eles ó concello de Sanxenxo o cal solicitou o seu propio estudo medio ambiental que recomenda outra acción alternativa á a construcción do dique.

     A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González declarou que as accións que se leven ó cabo deben estar na liña do xa feito. Por iso apostan por que se constrúa un recheo anexo á zona portuaria cunha superficie que se poida aproveitar como zona de esparcimento cidadán.

    Esta proposta do concello pretende non prexudicar o turismo da zona así como tamén á actividade pesqueira da zona que nos meses da construcción do dique quedarían inactivas.

    Redacción Sanés.