Ribeira acollerá unhas xornadas de mellora individual de baloncesto

RIBEIRA> Gonzalo Rodríguez, adestrador axudante do Río Natura-Monbus Obradoiro, impartirá unhas xornadas de adestramento de mellora individual en Ribeira. Será do seis ó dez de xullo no pavillón Alcalde Torres Colomer de Palmeira e irá dirixida ás categorías infantil, cadete e junior. Aprender conceptos de técnica e táctica individual, desenvolver capacidades de autoadestramento ou disfrutar da convivencia con outros rapaces, son algúns dos obxectivos destas primeiras xornadas de adestramento que promove Gonzalo Rodríguez, técnico axudante do Río Natura-Monbus Obradoiro. A actividade desenvolverase do seis ó dez de xullo no pavillón Alcalde Torres Colomer de Palmeira e irá dirixida ás categorías infantil, cadete e junior. Na iniciativa colaboran o Club Baloncesto Ribeira e o propio Concello, que ven con bos ollos a realización deste tipo de actividades de cara a mellorar a formación dos novos valores do baloncesto. O prazo de inscrición xa está aberto podéndose realizar ata o vindeiro 30 de xuño, a través do correo electrónico gonropal2yahoo.con.o prezo será de cincuenta euros por participante, con desconto de ata un 50% por cento.