Arosa-Ribadumia, un derbi no que os dous necesitan gañar

SALNÉS> O inicio irregular de ambos colócalles lonxe dos postos de cabeza, ós que aspiran. Na Terceira saídas complicadas para os representantes do Salnés: o Vilalonga visita ó líder Racing de Ferrol mentres que o Céltiga xogará en Pasarón ante o Pontevedra.

Difícil visita para o Vilalonga que esta semana xoga na Malata ante o Racing de Ferrol, un equipo deseñado para ascender e que de momento estase a amosar intratable, cun pleno de victorias en cinco xornadas. O cadro celeste terá que facer un partido excepcional para traerse algo positivo ante un equipo técnicamente superior. Dopico é baixa nos locais por lesión e Saúl nos visitantes. Iso sí, volve Roberto Feáns tras cumplir a súa sanción.

Saída complicada a que debe afrontar o Céltiga ante un Pontevedra que precisa reencontrarse coa victoria logo de dúas derrotas consecutivas. O poder defensivo dos de Manuel Núñez, que aínda están invictos, tratará de frear ó ataque granate. Caco é baixa nos locias, mentres que Iago Paz e Buba son dúbida.

Na Preferente o duelo máis destacado é o que protagonizarán na Lomba Arosa e Ribadumia. Ambos conxuntos precisan da victoria logo de cinco xorandas nas que a súa traxectoria foi irregular e vense lonxe dos postos de cabeza. A batalla no mediocampo seméllase clave entre varios dos futbolistas, dun lado e doutro, de maior peso nesta categoría.

No resto de encontros, o Sanxenxo afronta unha das saídas máis complicadas do ano. Os de Óscar García defenden o segundo posto na xeral ante o Choco. O Portonovo xogará na casa coa intención de reecontrarse coa victoria ante o Marín. César volve á convocatoria, mentres que Melchor é dúbida por proceso gripal. O Unión Grove quere confirmar a súa melloría esta semana ante o Pontellas. Os de Ricardo Dios queren seguir na mesma liña de xogo que lles coloca como un dos mellores equipos no aspecto goleador. Iso sí, deberán minimizar os erros en área propia que lles están a custar moitos puntos neste arranque.

Redacción Salnés