Catro estudantes do Divino Maestro da Pobra realizarán prácticas no estranxeiro no marco do Erasmus+

A POBRA> Catro estudantes do Divino Maestro da Pobra participarán no programa Erasmus Plus de Mobilidade Internacional. Realizarán as prácticas dos ciclos de xestión en Portugal e en Italia co obxectivo de ampliar a súa formación e oportunidades laborais.

O Centro de Formación Profesional Divino Maestro da Pobra, que imparte os ciclos básico e medio de Administración e Xestión, súmase ó programa Erasmus + de Mobilidade Internacional para a realización de prácticas noutros países da Unión Europea.

Serán catro os mozos do centro pobrense que inauguren este programa: dous cunha estadía dun mes en Portugal e outras dúas que traballarán en Italia durante dous meses e medio.

Tras esta primeira experiencia, o centro educativo xa ten solicitado un novo proxecto Erasmus Plus para o vindeiro curso que, ademais de mobilidades do alumnado, contempal a visita de expertos internacionais de Suecia e o desprazamento de profesores do instituto pobrense para compartir experiencias e mellorar a atención á diversidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí