Boiro despediu o verán cun ‘Tributo a Mecano’

BOIRO> Achégase a fin do verán e Boiro decidiu organizar unha festa para despedilo como se merece. O parque da Cachada quedou pequeno para o numeroso público que se achegou ata o concerto ‘Tributo a Mecano’ no que se escoitaron temas da mítica banda dos 80 como ‘Hijo de la Luna’ ou ‘Un año más’.

Ó remate da actuación musical, a festa desprazouse ata a praza da Boqueira de Anegral onde os asistentes contemplaron un espectáculo pirotécnico. A tirada de fogos de artificio dende a zona de Avellaneda puxo punto e final ás celebracións estivais de Boiro.