Caixanova presenta unha programación ‘variada e de enorme calidade’

programacinculturalpontevedra100_040907.jpgPONTEVEDRA > O presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, presentou hoxe as propostas culturais para este outono, …

… que inclúe teatro, exposicións, concertos, danza e cursos.

programacioncaixanova200_040907.jpgCaixanova traerá a Pontevedra este outono catro importantes produccións teatrais: ‘Closer’, con Belén Rueda; ‘Móvil’, con María Barranco; ‘Don Juan Tenorio’, con Fernando Gil; e ‘El guía del Hermitage’ con Federico Luppi. A programación teatral complétase con tres montaxes de compañías galegas. Estarán Áncora Produccións, Teatro do Atlántico e Teatro do Morcego.

Nos vindeiros meses exporanse ademais cinco mostras no Centro Social de Pontevedra: unha sobre os 50 anos do grupo El Paso, outra sobre os bereberes, tamén sobre Dalí e La Divina Comedia, as esculturas de Cristino Mallo e a Wildlife 2007. No apartado musical o cartel inclúe a Real Filharmonía de Galicia, a Orquesta Filarmónica de Baviera, Camerata Bariloche, a ópera Porgy and Bess e o Ballet de Brno. Outra cita destacada será o Circo Acrobático de Pekín.

Caixanova espera repetir o éxito da última programación, na que se esgotaron as localidades para tódolos espectáculos. De feito, mañá porá á venda preto do cincuenta por cento de abonos a través de www.caixanova.es.  

Redacción Salnés