A conselleira de educación reúnese con Fernández Lores

    lores_y_pion100_040907_001.jpgPONTEVEDRA > A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón reuniuse esta maña co alcalde de Pontevedra

    …Miguel Anxo Fernández Lores para facer balance de tódalas actuacións que se levaron ó cabo en materia educativa, así como tamén as iniciativas que se porán en marcha no futuro. Entre esas iniciativas atópase a construcción dun novo colexio de educación infantil no polígono de Valdecorvos.

    A Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñon chegaba a casa consistorial a media maña para mante- la reunión co alcalde de Pontevedra, Miquel Anxo Fernández Lores para tratar todos aqueles asuntos de carácter educativo que inflúen na cidade. Un encontro distendido no que se volveron a repasar os proxectos que se puxeron en marcha desde que o goberno autonómico tomara posesión.

     Agora son os novos proxectos os que ocupan a axenda da conselleira como a construcción dun novo colexio de educación infantil e primaria no polígono de Valdecorvos.

    A Conselleira indicou que ó longo do 2008 decidirase a parcela destinada a esta nova infraestructura. Por outra banda a Conselleira de Educación anunciou a creación dun novo centro integrado de Formación Profesional que se chamará Carlos Oroza, en Pontevedra, o cal xa ten fixada a parcela onde se vai construír. Neste edificio educativo impartiranse ciclos medios e superiores de hostalería e turismo.

    Dentro destas actuacións tamén se contemplan outras de menos calado pero de máxima importancia como a renovación dos convenios de colaboración con varios concellos de Galicia para ampliar o servizo de comedor nas escolas públicas.

    Fernández Lores tamén lle trasladou á Conselleira a súa petición para que se teñan en conta as especializacións dos títulos que se imparten no campus de Pontevedra no proceso de adaptación do sistema universitario galego ó espazo europeo de educación superior.

    Redacción Salnés