PONTEVEDRA> O BNG quere que Castelao sexa recoñecido de xeito oficial e legal como o primeiro presidente de Galicia. A formación levará ao Parlamento a proposta, recordando que dende o exilio o ilustre galeguista deseñou e presidiu o Consello de Galiza. Esta é unha das iniciativas que o BNG impulsará durante este Ano Castelao.Baixo o lema ‘Castelao nacionalista’ a formación reivindicará a súa figura cando se cumpren 75 anos da súa morte.
Hoxe, 7 de xaneiro de 2025 cúmprense 75 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O ilustre galeguista morría no exilio en Bos Aires, na Arxentina, dende onde deseñou e presidiu o Consello de Galiza. Agora o BNG quere que sexa recoñecido legal e oficialmente como o primeiro presidente de Galicia.
Os nacionalistas levarán esta reclamación ao Parlamento. Trátase dunha das iniciativas que a formación enmarca baixo o lema ‘Castelao Nacionalista Galego’, que incluirá numerosos actos por todo o país.
A primeira parada foi hoxe Pontevedra. Dende a cidade, Ana Pontón defendeu que Galicia precisa máis Castelao que nunca.
Pola súa banda, o concello de Pontevedra xa anunciou a súa adhesión ao Ano Castelao, coa fin de fomentar e publicitar a obra do intelectual galego.