Diego Piay descóbrenos a figura de María Vinyals no seu novo libro

MADRID> Aproveitando o seu paso por Madrid, a presidenta da Deputación de Pontevedra asistiu tamén á presentación do libro de Diego Piay centrado na figura de María Vinyals. Ó acto asistiron familiares da ‘marquesa roxa’, que estivo moi vinculada á capital española en varias etapas da súa vida. A presentación tivo lugar nunha céntrica librería.

A librería La Buena Vida, situada no centro de Madrid, quedou pequena para acolle-la presentación do libro ‘María Vinyals. A muller do porvir’, de Diego Piay. A presidenta da Deputación de Pontevedra, aproveitando o seu paso pola capital co gallo de Fitur, asistiu á presentación.

Ó acto acudiron tamén familiares da coñecida como ‘marquesa roxa’, residentes na capital española. Non en van, a vida de María Vinyals estivo moi vinculada a Madrid. O autor da publicación recoñecía a súa ledicía pola presenza dos familiares da escritora e activista.

O libro xurdiu no ano 2017, dentro do proceso de musealización do Castelo de Soutomaior.

Trala presentación, o autor tivo ocasión de asinar exemplares do seu ensaio. ‘A muller do porvir’ está publicado pola editorial Alvarellos e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí