Encéndese o alumeado da rotonda de acceso á ponte de Catoira

    rotondacatoira_partecoruna_100_050907_-_still_002.jpgRIANXO > Esta noite porase en marcha a iluminación da glorieta de acceso á Ponte de Catoira na parte coruñesa.

    O alumeado desta rotonda que se atopa na parte coruñesa de acceso á ponte de Catoira, porase en marcha o mércores 5 de setembro ás dez da noite, segundo a previsión dos técnicos da Deputación da Coruña. O proxecto de iluminación foi financiado pola Deputación da Coruña, que destinou algo máis de 80.000 euros para a instalación dos elementos lumínicos.

    O proxecto contemplou a instalación no centro da rotonda dunha columna de 20 metros de altura, con seis proxectores de 600 watios e coroa móbil. Ademais colocáronse perimetralmente ó longo do illote, 16 puntos de luz cunha potencia de 150 watios. Coa instalación dos 22 puntos de luz contribúese a mellorar as condicións de seguridade viaria no acceso ao viaduto de Catoira.

    Redacción Salnés