O PP muradán pide a invalidez na tramitación dos presupostos

    MUROS > O Partido Popular de Muros vén de denunciar que a falla de documentación invalida a tramitación dos presupuestos aprobados inicialmente polo equipo de goberno. Para os populares, que reclaman a modificación do proxecto orzamentario, resulta imposible realizar unha análise mínimamente realista dos ingresos previstos nas contas municipais, ó carecer, segundo eles, de referencias respecto ós exercicios dos anos 2012 e 2013. Ante estas circunstancias, os membros do PP muradán presentaron un escrito de alegacións no concello no que poñen de manifiesto que na documentación entregada polo executivo local á oposición non figura a liquidación do ano 2012, nin tampouco avance algún da liquidación do primeiro semestre do 2013, subscritos os dous polo interventor do Concello, e elaborados conforme á instrucción de contabilidade. No escrito de alegacións, os populares califican de mera especulación algunas partidas de ingresos que o equipo de goberno prevé recadar, e poñen en dubida algunhas das xustificacións que fan referencia ós gastos. Os membros do Partido Popular de Muros tamén presentaron alegación sobre o feito de que o executivo local non xustificara o carácter urxente e extraordinario do pleno no que foron aprobadadas as contas municipais, e lembran ademais que o Concello incumpre tamén a norma legal que obriga a telas aprobadas antes do inicio do ano.