A Xunta mellorará o subministro eléctrico do polígono do Pousadoiro

    parqueempresarialpousadoir_100_050907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > As Consellerías de Vivenda e Solo e de Industria financian con 873 mil euros a mellora das infraestructuras.

    Unha vez se aprobe o investimento no Consello da Xunta, as Consellería de Vivenda e Solo e de Innovación asinarán un convenio co Concello de Vilagarcía polo que éste asumirá o compromiso de levar a cabo a contratación das obras e obterá os permisos.

    Actualmente este parque ten unha superficie de 210 mil setecentos metros cadrados, dos que se destinan a uso industrial e comercial máis de 121 mil. En total son 16 parcelas que están todas vendidas polo que a Consellería de Vivenda xa prevé amplia-lo polígono ata os 633 mil metros cadrados. Xa está aberto o procedemento de contratación por concurso público dos traballos técnicos previos e dos proxecto Sectorial e de Urbanización, cun orzamento de 400.000 euros e un prazo máximo de execución de 4 meses.

    Redacción Salnés