Educación manterá as unitarias de Catoira dependendo do alumnado

    escolainfantilcatoira_100_050907_-_still_001.jpgULLA-UMIA > Ademais o PP de Caldas ven de pedir a mellora da escola infantil de Saiar que o PSOE prometera arranxar se gañaba as eleccións.

    O Partido Popular esixirá no vindeiro pleno que o goberno socialista cumpra a promesa feita na pasada campaña electoral ás nais dos nenos que reciben clases na Escola Infantil de Saiar. O PSOE prometera dotar ó centro de persianas que aillaran térmicamente o inmoble, xa que as nais denunciaran as altas temperaturas que se acadan alí.

    Tamén reclama o PP a limpeza inmediata dos arredores do centro que están nun estado de abandono absoluto, o que supón, din os populares, un risco para os dezasete nenos que xogan neste espazo. Por outra banda o PP de Caldas pediralle tamén ó goberno local que limpe as cunetas das pistas municipais de de Saiar que se atopan igualmente nun lamentable estado, onde a maleza chega a ocupar incluso a calzada co conseguinte perigo para os usuarios.

    Catoira

    O BNG de Catoira púxose en contacto co deputado Bieito Lobeira para coñece-lo futuro das escolas infantís de Dimo, Abalo e A Baiuca, en Oeste. As nais estaban preocupadas polos rumores de peche que a Consellería de Educación non chega a desmentir na súa resposta pero que condiciona ó número de alumnos que teñan os centros. De tódolos xeitos a Consellería asegura que garantirá unha educación infantil de calidade ben sexa nas escolas infantís ou no colexio Progreso que conta cun edificio de infantil completamente remodelado e adaptado ós máis pequenos.

    Programa Alborexar

    O concello de Catoira porá en marcha o vindeiro mércores, día 12 de setembro, o programa Alborexar, un servizo gratuíto que permite deixar ós nenos de ata 12 anos no colexio a partir das 7 e media da mañá. Unha boa proposta para aqueles que deben ir a traballar antes da hora habitual das clases. E sobre a volta ó cole falamos á volta da publicidade.

    Redacción Salnés