Vilanova aproba os seus orzamentos nun pleno marcado polas expulsións

    VILANOVA > Dúas expulsións e varios enfrontamentos persoais marcaron o pleno celebrado esta mañá en Vilanova de Arousa. Un pleno que serviu para que o PP, coa maioría absoluta, aprobase os orzamentos deste ano. Unhas contas que ascenden a 6.710.962 euros e que, segundo a oposición, están infladas e presentan numerosas eivas.

    plenovilanova_expulsion_300_070907_-_still_001.jpgA oposición criticou os presupostos polo excesivo gasto en persoal e servizos municipais e porque un informe de intervención asegura que non están garantidos case dous millóns de euros que aparecen como ingresos. 

    Segundo o voceiro do PSOE, Rodrigo Santiago, sen eses dous millóns os ingresos do concello serían de 4.497.000 euros mentres que os gastos en persoal e servizos serían de 4.697.000 euros. Faltarían, por tanto, 300.000 euros para pagar os gastos xa estimados, polo que non habería nada para outros gastos en obras ou servizos que o concello debe garantirlle ós cidadáns. O alcalde negou este último punto e achacou as dúbidas de intervención ó ‘desgoberno da Xunta’.  

    Segundo o alcalde, só no polígono de Baión se recadará en licencias entre un e dous millóns de euros e o Plan Xeral, que inclúe a construcción do centro comercial de Deiro suporá máis dun millón de euros en compensacións e outro millón en licencias. ‘En total máis de tres millóns de euros que, máis cedo ou máis tarde, dixo Durán, chegarán a Vilanova’. plenovilanova_300_070907.jpgAdemais o alcalde culpou ó voceiro do PSOE de tentar boicotea-lo proxecto do centro comercial e acusouno de terlle dito a un veciño nun bar que ‘ía facer todo o posible para botar abaixo o centro comercial’, algo que Rodrigo Santiago negou.

    Pero as acusacións do rexedor foron máis alá coa voceira do BNG, á que acusou de deberlle cartos ó concello. Esta acusación provocou a indignación dos nacionalistas e as expulsións de Mari Carmen Nogueira primeiro e de Ricardo Nogueira despois. Finalmente o PP aprobou os presupostos aprobáronse cos votos a favor do PP.

    Redacción Salnés