Remata a campaña na ría de Arousa con 554.000 toneladas de bivalvos

    libre_marisqueo100.jpgSALNÉS> A campaña de libre marisqueo nos Lombos do Ulla, no Bohído e en Cabío rematou cunha produción de 554.002,73 toneladas de bivalvos.

    {flowplayer}images/salnes/libre_marisqueo.flv{/flowplayer}

    SALNÉS> A campaña de libre marisqueo nos Lombos do Ulla, no Bohído e en Cabío, iniciada o pasado 4 de outubro, rematou cunha produción de 554.002,73 toneladas de bivalvos, logo de 112 xornadas de marisqueo en Bohído e 104 xornadas de marisqueo nos Lombos e en Cabío, segundo a información facilitada polos puntos de venda á Consellería do Mar. Nos Lombos e en Cabío a campaña rematou o 31 de marzo e no Bohído o período ampliouse ata o 14 deste mes, tal e como o solicitou o sector.

    Segundo esta información aportada polas confrarías, dende o seu comezo e ata o día do remate da campaña, nos Lombos do Ulla, extraéronse máis de 128.000 quilos de berberecho, preto de 73.000 quilos de ameixa fina, case 185.000 quilos de ameixa xaponesa, 39.000 quilos de ameixa babosa e 645 quilos de ameixa rubia aproximadamente. Nas 104 xornadas de traballo contabilizadas neste banco marisqueiro participaron un promedio de 358 embarcacións, o que pon de manifesto que Os Lombos é a zona que rexistra máis actividade na ría de Arousa.

    No banco de Cabío obtivéronse 166 quilos de berberecho, 461 quilos de ameixa fina, 313 quilos de ameixa xapónica, máis de 11.100 quilos de ameixa babosa e máis de 39.300 quilos de ameixa rubia. Aquí, nas 104 xornadas, unha media aproximada de 79 embarcacións faenaron diariamente.

    Por outra banda, no Bohído obtivéronse case 58.000 quilos de ameixa babosa, preto de 7.300 quilos de ameixa fina e 8.700 quilos de ameixa xaponesa aproximadamente. Ademais extraéronse máis de 1.100 quilos de berberecho e máis de 2.400 de ameixa rubia. Durante a actividade das 112 xornadas de traballo nesta zona participaron unha media aproximada de 144 barcos.

    A campaña de libre marisqueo 2010-2011, tanto no que se refire á vixilancia como ao control de extracción, foi de novo asumida polo sector marisqueiro. Este colectivo recibiu en todo momento o apoio técnico da Consellería do Mar, tanto na elaboración como no seguimento do plan de explotación conxunto da Ría de Arousa.

    Redacción Salnés