Sanxenxo reducíu o consumo de auga nas praias nun 43%

SANXENXO> As melloras introducidas nas praias de Sanxenxo permitiron reducir o consumo de auga este verán nun 43%, conseguindo un aforro de 4 mil litros de auga. Para o ano 2020 o concello continuará modernizado as praias e ponse como obxectivo acadar 3 novas bandeiras azuis.

O concello de Sanxenxo fixo balance da situación das praias despois dun verán exitoso onde o municipio acadou 14 bandeiras azuis. A vila con máis estandartes de España non o é por casualidade, xa que dende o concello buscan cada ano modernizar as praias facéndoas máis cómodas, seguras e coidadosas co medio ambiente. Unha das melloras introducidas este ano pasado foi a de cambiar as duchas por lavapiés. Unha iniciativa que permitiu reducir o consumo de auga nun 43%.

O concello tamén instalaou novos módulos de aseos nas praias, cun investimento de 175 mil euros, e mellorou algúns dos accesos. Neste 2019 Sanxenxo tamén recuperou a bandeira azul para o areal da Panadeira. O goberno local ponse agora o obxectivo de conseguir 17 estandartes para o ano 2020.

O edil de medio ambiente tamén asegurou que para o ano 2020 substituirán os baños de Montalvo e as pasarelas de acceso de Silgar e Montalvo e continuarán traballando para que a praia de Nanín poda obter a bandeira azul dentro de dous anos.  En total o concello inviste cada ano arredor de 685 mil euros.

O concello contratará a 6 persoas para o mantemento das praias durante todo ano. Deste xeito as praias estarán en perfectas condicións antes da chegada do verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí