Unha senda peonil conectará o paseo de Coroso coa AC-305 á altura das Saíñas

RIBEIRA> Unha senda peonil conectará o paseo marítimo de Coroso coa estrada AC-305 na zona das Saíñas. O proxecto permitirá recuperar a zona de servidume do río Grande, actualmente moi degradada.

Iniciado o expediente de expropiación para a creación dunha senda peonil que conectará o paseo de Coroso coa estrada AC-305. Trátase dun proxecto enmarcado no programa Máis Riberia Atlántica cofinanciado nun 80 por cento polos fondos FEDER. A pasarela, de preto de 300 metros de longo, discorrerá dende o arroio Saíñas ata o paseo marítimo contribuíndo tamén a  recuperar unha zona moi degradada a carón do río Grande.

Favorecerase a súa integración paisaxística e ambiental coa utilización de  pavimento natural flanqueado por bordos de madeira. O orzamento da actuación ascende ós 180 mil euros e o prazo de execución é de catro meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí