A patronal de Ribeira repartirá 4500 euros en premios este Nadal

RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira repartirá este Nadal catro mil cincocentos euros en premios. Máis de setenta establecementos sumaranse a esta campaña que busca dinamizar a hostalería e o comercio local.

O día nove arranca a campaña de Nadal da patronal ribeirense na que participará máis de setenta comercios. Por cada dez euros de compra entregarán unha rifa ós seus clientes coa que entrarán no sorteo de trinta e un vales de compra.

Ademais dos premios e dos tickets gratuítos de aparcamento cos que as tendas agasallarán ós seus clientes,  desenvolveranse diversas actividades de animación. O concello programou actos para tódolos días co fin de dinamizar as rúas con ambientación navideña.

A campaña rematará o seis de xaneiro e o sorteo realizarase o día 14 na sede da asociación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí