O concello de Boiro habilita novas áreas de carga e descarga e amplía os horarios

    horariosdescarga_100_110308.jpgBOIRO > Os comerciantes chegaron a acordo co concello para amplia-las zonas de carga e descarga e modificar os horarios para a realización destas tarefas.

    {flowplayer}barbanza/horariosdescarga.flv{/flowplayer}

    Nestes días, xa se está a proceder ó cambio da sinalización para delimitar as novas áreas e indicar os tramos de tempo establecidos para a descarga das mercadorías. 

    Ante as demandas dos comerciantes, o concello accedeu a habilitar catro novas áreas de carga e descarga: dúas na Rúa Principal e outras dúas na Avenida da Constitución. Nestas zonas, farase coincidir o horario co comercial ampliándose de nove a unha pola mañá e de cinco a oito pola tarde.

    No que respecta ás rúas peonís, nas que ata o de agora viñan realizándose as descargas de mercadoría de sete a dez da mañá, os horarios retrásanse sendo a partir de agora de oito a dez da mañá. Polas tardes, durante o inverno será de cinco a seis mentres que no verán quedará establecido de seis a sete. Para os establecementos que precisen descargar material pesado emitirase unha tarxeta que permitirá a entrada a calquera hora do día.

    Diversidade de opinións

    A aplicación dos novos horarios é froito do consenso entre o concello e boa parte do comercio boirés. Aínda así, entre os responsables dos negocios segue habendo diversidade de opinións. Aínda que a maioría considera beneficioso o cambio de horario, o certo é que amén consideran insuficientes as zonas de carga e descarga habilitadas.

    Redacción Barbanza