O pontevedrés José Antonio Ramallo gaña a Carreira Popular de Meaño

    carreirapopularmeano_100_100907_-_still_001.jpgMEAÑO > No concello meañés celebrouse tamén a popular Carreira de Camas na que gañaron por segundo ano ‘Os Espantabuelas’.

    José Antonio Ramallo liderou a Carreira Popular de Meaño case dende o principio xunto cun reducido grupo no que estaban Iván Iglesias e Rafael Fuentes. Foi Fuentes quen máis tirou nun principio, pero non puido mante-lo esforzo, mentres que Iglesias caeu no tramo final, onde o vencedor, cun último pulo, conseguiu sacarlle dez metros de vantaxa quedando terceiro o portugués José Castro.

    O trunfo de Ramallo confirma a súa recuperación tralo accidente de tráfico que truncou unha prometedora carreira. Ademais levaba once anos participando nesta proba á que lle tiña moitas gañas. En categoría feminina victoria da lusa Patricia Pereira, seguida pola ferrolá Paula Mayobre e da viguesa Julia Vaquero. En total inscribíronse 514 atletas, cifra récord desta carreira que cada ano congrega a máis atletas de tódalas idades.

    Carreira de Camas

    carreiracamas_300_100907_-_still_002.jpgO mesmo ocorre coa Carreira de Camas que nesta edición congregou a máis de 3.000 persoas e que gañaron, por segundo ano consecutivo, os ‘Espantabuelas’ de Nantes sobre ‘Rodas-BB2’. A cama pilotada por Virginio Vilas e Tito Sotelo tivo que superar numerosas dificultades xa que perdeu a roupa e o colchón pero finalmente a forza física e a destreza ó mando do vehículo decantou a proba polos ‘Espantabuelas’ que superaron ós Primar, de Gondar, nos últimos 150 metros.

    En terceira posición quedaron ‘Os Kama Tuning-Show’ de Roberto Rodríguez e Héctor Pazos. Os tres gañadores recibiron pezas de cerámica e os campións 41 botellas de vino albariño doadas por unha adega local e que representan a suma das idades dos dous pilotos.

    Redacción Salnés