Máis de 5.000 nenos do Salnés comezaron hoxe un novo curso escolar

    volta__cole_100_120907_-_still_001.jpgSALNÉS > Os centros educativos de Infantil e Primaria da comarca do Salnés abriron esta mañá as súas portas

    … para recibir ós mais de 5.000 alumnos que hoxe comezaron un novo curso escolar. Unha volta ás clases que da un respiro a tódolos pais que teñen que conciliar a vida laboral co coidado dos seus fillos.

    En Carril os máis pequenos achegábanse hoxe ate o colexio para o seu primeiro día de volta__cole_200_120907_-_still_004.jpgclase. Os nervios e as gañas de comezar podíanse notar nos máis cativos pero tamén nos seus pais. Sobre todo aqueles que levaban por primeira vez ós seus fillos ó colexio. Nembargantes son moitos os que aseguran que o comezo da escola facilita o labor do coidado dos máis pequenos para os pais que se ven obrigados a conciliar a vida laboral coa familiar.

    Ó comezo das clases súmase o gasto das familias en material escolar. Gasto que, nembargantes, vese reducido ó facilitarlles ós alumnos de Primaria e ESO os libros de texto de xeito gratuíto.

    Redacción Salnés