O autor material do asasinato de Cristian Willichs ingresou hoxe na cárcere da Lama

    VILAGARCÍA > Os tres implicados no asasinato do rapaz de 18 anos da Illa de Arousa, Cristián Willichs, declararon ó longo do día de hoxe no Xulgado de Instrucción número dous de Vilagarcía. O autor material do crime ingresou en prisión mentres que os outros dous imputados saíron en liberdade con cargos.

    asasinato_300_110907_-_still_002.jpgOs xulgados de Vilagarcía estiveron escoltados dende pola mañá por numerosos efectivos de seguridade do Estado e por centos de familiares e amigos do falecido. Persoas achegadas a Cristian que acusaban á Garda Civil de protexer ós asasinos e de non deter o autor dos feitos na noite do venres cando foron alertados pola posesión deste dunha pistola de balíns na discoteca ‘Ilusión’ de Vilanova.

    A mañá desenvolveuse entre altercados. Á chegada do furgón no que ían os imputados os familiares e amigos do falecido arremeteron contra a garda civil que escoltaba o vehículo para conseguir verse cara a cara cos tres implicados. Mentres entraban nas dependencias xudiciais arroxáronse pedras sen provocar ningún dano persoal. Foron os familiares de Cristian Willichs os que pediron ós amigos do falecido que deixaran que o caso quedase en mans da xustiza.  asasinato_300_110907_-_still_005.jpg

    A primeiras horas da tarde a cantidade de xente congregada nos xulgados de Vilagarcía era menor. Nembargantes a tensión acrecentábase ante a falla de información dos cargos que se lle imputarían os detidos.

    A noticia chegaba ó redor das seis da tarde cando os imputados abandonaban o xulgado de instrucción número dous de Vilagarcía nun furgón da Garda Civil. Finalmente o autor material do asasinato, Antonio Pouso Árido, de 21 anos foi trasladado ó centro penitenciario da Lama. Nembargantes, os outros dous implicados: Roberto Millán de 26 anos e Abraham Rei de 18, saíron en liberdade con cargos.

    Redacción Salnés