Pontus Veteris presenta a moda primavera-verán 2008

    pontusveteris_evagonzalez_100_120907_-_still_001.jpgPONTEVEDRA > Pontus Veteris celebrou unha nova edición, marcada pola polémica sobre a creación de novas pasarelas en Galicia.

    Varias cidades optan a converterse na sede desta nova proposta, polo que Pontevedra tentou nesta edición de Pontus Veteris afianza-la súa posición como a cidade da moda galega.

    pontusveteris_300_120907_-_still_004.jpgA pesares da polémica, a Xunta apoiou a vixésima edición de Pontus Veteris coa presencia do presidente Pérez Touriño que acudiu á presentación das coleccións primavera-verán 2008 das sete firmas fieis a esta pasarela: Florentino, Charoa, Montoto, Boxley, Toypes, María Mariño e Araújo Piel.

    Todos amosaron as súas propostas grazas ós 30 modelos que desfilaron onte en Pontevedra. Entre eles destacou Eva González, Miss España 2003 que paseou sobre un exótico escenario no que Araújo Piel presentou unha nova liña xoven e moi atrevida de inspiración cubista na que destacan os abrigos evasé cinxidos ó corpo con cintos, as chaquetas cortas con grandes botóns e as capas á cadeira.

    Redacción Salnés