Cambados celebrará o seu primero festival europeo de Batucadas

CAMBADOS> O concello de Cambados presenta o seu primeiro festival europeo de batucadas. Un evento que se celebrará o vindeiro 26 de xuño e no que participaran 5 grupos diferentes. Entre eles a agrupación cambadesa Olodum do Coio.

O concello de cambados non só recupera a súa actividade cultural, se non que presenta novos eventos cos que amplía a súa programación. Nesta ocasión a vila presenta o seu primeiro festival europeo de batucadas.

O evento terá lugar o dia 26 de xuño e nel participarán 5 grupos, entre eles a batucada portuguesa Mariateca e a cambadesa Olodum do Coio.

O I festival de batucadas de Cambados conta coa apoio das diferentes administracións. Entre elas a xunta de Galicia que o inclúe destro das actividades culturais do Teu Xacobeo.

Tamén colabora a deputación de Pontevedra desexando que o festival se converta nun referente.

O evento levarase a cabo mo pazo torrado para garantir todas as medidas sanitarias.

O evento complétase coa actuación do grupo Kendrah. As inscricións estará dispoñibles do 4 ao 22 de xuño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí