BNG e PSOE piden información sobre a Horta de Abraldes

    CAMBADOS > O pleno da corporación de Cambados reunirase este xoves e a oposición aproveitará para solicitar información sobre a Área de Remodelación da Horta de Abraldes, en San Tomé. Nesta sesión tamén tomará posesión do seu cargo como concelleiro do BNG Ramón Martínez, en substitución de Monserrat Prado.

    O grupos do BNG e PSOE solicitarán ó alcalde que lles informe sobre o proxecto de remodelación da Horta de Abraldes en San Tomé. O portavoz socialista, José Daporta exporá unha serie de preguntas no pleno deste xoves para que o goberno local aclare esta reparcelación, incluída no Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico de Cambados, aprobado en pleno no ano 99. O PSOE quere saber quen deseñou o proxecto e se está implicada a empresa Gestión Industrial de Cambados. Pregunta tamén porqué se aprobou o proxecto sen falar cos veciños e porqué se lles dan só 20 días de prazo para alegar coincidindo coas festas de Nadal.

    Sobre este tema tamén se pronunciou o BNG, que solicita á alcaldía que convoque unha reunión cos veciños afectados para explicarlles con detalle os pormenores do proxecto para que eles tomen a decisión que estimen. Os nacionalistas lembran ó goberno local que é parte actora do procedemento, xa que esta área se desenvolve polo sistema de cooperación.

     

    Redacción Salnés