A estrada que vai dende Baión a András anchearase para mellorar a circulación

    obras_estrada_vilanova_100_130907_-_still_001.jpgVILANOVA > As obras que se están a realizar na estrada que une Baión con András foron visitadas esta mañá polo vicepresidente …

    … da Deputación de Pontevedra, Jose Juan Durán, polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e polo enxeñeiro xefe de Vías e Obras da Deputación. Estas obras forman parte dun proxecto que engloba a reforma de diferentes viais do concello.

    O tramo dende O Couto ó Pereiro, na estrada de Baión a András, foi visitado esta mañá polo vicepresidente da Deputación, Jose Juan Durán, que afirmaba que esta obra de mellora do vial é prioritaria para a Deputación de Pontevedra.

    Jose Juan Durán tamén falou da creación de tres variantes entre o Sixto e a estrada xeral de Vilagarcía. Esta obra débese á imposibilidade de anchear os viais en zonas de pequenos núcleos de poboación. Todo o contrario sucede na estrada dende Baión a András na que se aumentará o tamaño dos carrís de circulación sen necesidade de crear un novo treito. Esta estrada contará con dous carrís e cun ancho de 9 metros.

    Estas reformas englóbanse dentro das previsións de mellora das comunicacións do concello de Vilanova e para elas está previsto dende a Deputación un orzamento de máis de 2.000.000 euros.

    Redacción Salnés