Zona Aberta considera o adianto das rebaixas das grandes plataformas unha ‘competencia desleal’

VILAGARCIA> Os comercios de Vilagarcía non comezarán as rebaixas ata o 1 de xullo. Dende Zona Aberta sinalan que o adianto da tempada que realizan as grandes cadeas é unha competencia desleal coa que non poden competir. Piden ás administracións que tomen medidas para crear un comercio máis xusto. Tamén advirten que continuarán competindo coas súas bazas, como son o asesoramento, a calidade e a distinción.

As rebaixas de verán comezan de forma oficial o vindeiro 1 de xullo, aínda que as grandes plataformas xa adiantaron os descontos nestes mes de xuño. Unha estratexia coa que non poden competir os pequenos comercios, xa que aplicar os descontos tanto tempo déixaos con pouco marxe de beneficio.

Dende a asociación de comerciantes Zona Aberta sinalan que o adianto das rebaixas é unha competencia desleal.

Zona Aberta pide ás administracións que controlen máis ás grandes empresas para axudar ao comercio local.

Contra iso, o pequeno comercio advirte que continuará competindo coas súas bazas.

A pesar de que as grandes compañías adiante os descontos, dende Zona Aberta son optimistas e agardan ter unha boa campaña de rebaixas. Campaña que se estenderá dende o 1 de xullo ata o 31 agosto.