O Salnés lánzase á venda online

SALNÉS>  A Mancomunidade do Salnés crea a súa plataforma de venda online, Salnés click. Polo de agora só estará dispoñible para que todos os establecementos interesado se rexistren nela. O obxectivo é fomentar o turismo de compras dando máis visibilidade aos negocios do Salnés.

A mancomunidade do Salnés dá os primeiros pasos para poñer en funcionamento a súa plataforma de venda online. A empresa encargada do proxecto xa deseñou tanto a páxina web como a aplicación móbil. O obxectivo é fomentar o turismo de compras. A plataforma xirará en torno a tres eixos.

A plataforma atópase agora na etapa de rexistro. Onde establecementos do Salnés poden rexistrase e mostrar os seus produtos. O que se busca é dar máis visibilidade aos negocios do Salnés.

Para o consorcio do Salnés esta plataforma é unha gran oportunidade.

Aqueles comercios que teñan a súa plataforma online poderán redireccionala dende Salnés click. As entidades implicadas agardan acadar un gran volume de establecementos inscritos e dotar á aplicación dunha ampla oferta. Esta previsto que se abra ao público ao final do ano

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí