Unha veciña de Cambados aparece morta no peirao de Tragobe

    CAMBADOS > Uns mariñeiros atoparon o corpo de Ramona R. F., de 68 anos, flotando nas augas e sacárono. Pero xa estaba morta. Segundo as testemuñas presenciais a muller tiña un forte golpe na cabeza, polo que non descartaban unha morte accidental. Nembargantes fontes da investigación non descartan que a morte fose intencionada.

    mortacambados_300_130907_-_still_001.jpgOs mariñeiros que traballaban na zona deron a voz de alarma ó ve-lo seu corpo flotando na auga e foron rescatala, observando un golpe na cabeza da muller que podería terlle provocado a morte. Ocorreu sobre as nove da mañá no peirao de Tragove.

    Uns mariñeiros que traballaban na zona viron o corpo da muller, unha veciña de Fefiñáns de 68 anos, flotando no mar e foron sacala, anque non puideron evita-lo óbito. No lugar dos feitos falábase dun posible mareo ou incluso dun infarto anque tampouco descartaban que puidese ter esvarado na explanada xa que tiña un golpe na cabeza. mortacambados_300_130907_-_still_002.jpgSen embargo fontes da investigación non descartan outras causas, xa que a muller estaba a tratamento psicolóxico.

    O suceso provocou unha gran espectación no peirao de Cambados, onde a esa hora da mañá existe moita actividade. Numerosas persoas concentráronse nos arredores da lonxa para sabe-lo que pasara, xa que a muller era moi coñecida na zona. Vivía en Fefiñáns e alí rexentara hai anos, xunto co seu home, o restaurante O Rincón. Preto das 11 da mañá tivo lugar o levantamento do cadáver.

    Redacción Salnés