A Oposición denuncia a actitude dictatorial do goberno municipal

    VILAGARCIA> Os tres grupos da oposición en Vilagarcía: PSOE, BNG e Esquerda Unida fan fronte común contra o goberno municipal, arestora…

    {flowplayer}images/salnes/denuncia_oposicion_vilagarcia_280212.flv{/flowplayer}

    … en mans do PP e de IVIL. Acúsanos de vulnerar a liberdade de expresión e de ningunealos nos diferentes actos e xuntanzas que teñen que ver co día a día municipal. A pinga que colmou o vaso foi o pleno de onte no que se lle impediu á Esquerda Unida continuar cas súas preguntas. Esta situación rematou ca marcha voluntaria dos dous edís desta formación e cos tres do BNG. A oposición en bloque denuncia que esta actitude autoritaria é unha constante desde que o pacto con IVIL lle conferiu a maioría absoluta ó PP.

    A oposición de Vilagarcía aporta outros moitos exemplos desta falla de respecto por parte do executivo local, como non chamalos ou ignoralos nos actos oficiais, non darlle a información suficiente para os plenos ou ocultarlle documentación vital para o seu traballo como oposición.

    Aseguran que só queren facer o seu traballo de fiscalizar o traballo do Concello, tal e como lles pediron os votantes nas pasadas eleccións municipais, aseguran amais que é o seu traballo o que dinamiza a vida municipal. Conclúe a oposición asegurando que se senten menosprezados como partidos políticos e como parte da cidadanía de Vilagarcía á que representan. É por isto polo que fan esta denuncia pública, para evitar, en verbas de Esquerda Unida, esta formas dictatoriais de vilanovización do Concello.

    A versión do equipo de goberno é ben distinta. O alcalde Tomás Fole asegura que a súa actitude de ausentarse do Pleno foi unha irresponsabilidade pola que deben pedir permiso á cidadanía e mesmo poderían ter o xesto de devolver o que cobraron pola parte que non asistiron ó pleno. Segundo Fole foi Esquerda Unida a que non deixou comparecer ó edil ó que lle formularán as preguntas.

    Lamenta pois esta actitude dos esquerdistas que non saben exercer unha exposición responsable; e que só escapan para eludir a súa responsabilidade; co que deberán prantexarse se seguir mantendo as súas actas. Asegura tamén que o PSOE e o BNG sucumbe ás ordes do grupo Esquerda Unida, que aínda sendo o minoritario lidera as súas accións co único fin de desgastar ó PP. Pídelles pois un cambio de rumbo na súa actitude para que exerzan como unha oposición construtiva.

    Redacción Salnés