O ‘memorial Roberto Porto de piragüismo’ celebrarase este domingo

memorial_100_140907.jpgVILAGARCÍA > Os arredores do peirao de pasaxeiros de Vilagarcía será o escenario do Memorial Roberto Porto de Piragüismo.

Esta competición foi presentada esta mañá por Victoria Hierro, concelleira de Deportes e polos organizadores do evento: o presidente e vicepresidente do Liceo Casino, Álvaro Paz e Francisco Fernández e por Juan Miguel do Val, director de actividades da Fundación de Deportes do concello. Todos eles coincidiron en sinalar que un ano máis este é un bo homenaxe para Roberto Porto, o primeiro palista galego que se proclamou campión de España de Piragüismo.

As probas abranguen dende a categoría de alevín ate sénior en K1, C1, K2 e C2 e disputaranse diante do peirao de pasaxeiros vilagarcián o domingo a partires das tres da tarde. As categorías infantís realizarán as probas diante do peirao mentres que para os das categorías de cadete e sénior tense previsto que dean a volta á Illa Cortegada. Nembargantes os árbitros da Federación Galega e Piragüismo poden cambiar este percorrido polo de dar a volta diante do peirao de Carril xa que as correntes preto da Illa son moi fortes.

O memorial Roberto Porto de Piragüismo rematará ó redor das sete e media. Hora na que se outorgarán 126 trofeos ós participantes, 6 para os 6 clubs que participan e 120 para os tres primeiros equipos gañadores das diferentes categorías.

Redacción Salnés