Vilagarcía participará na semana da Unión Europea adicada á mobilidade

    cidadesencoches_100_140907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > Vilagarcía participará no programa da Unión Europea de mobilidade co que se pretende conseguir concienciar á xente

    … da necesidade de utilizar menos o coche. Neste concello a iniciativa recibe o nome de ‘A cidade sen o meu coche’ e vai destinada ós mais pequenos. Esta será a primeira vez que se faga ó longo de toda unha semana.

    A semana que vén diferentes rapaces dos colexios vilagarciáns percorrerán as rúas da cidade a pé e en bicicleta tódalas mañás dende as 10 ás 12 do mediodía. Polas tardes haberá deportes na Praza da Peixería o martes, xogos xigantes na rúa Rei Daviña o xoves a partires das 6, e dous paseos ciclistas, o mércores e o venres, nos que poderá participar todo o que se achegue ás cinco da tarde ate a saída dende Cavadelo. O longo de toda a semana tamén haberá na Casa da Cultura a Exposición ‘Arousa en Bici’ na que se amosarán fotografías, bicicletas antigas e proxeccións audiovisuais e un taller-demostración de pequenas reparacións.

    Dende o concello aseguran que non fará falla cortar as rúas para as marchas en bicicleta. Polo momento só se ten previsto que martes se corte a avenida da Mariña que pasa por diante da Praza da Peixería e que o xoves se prohiba a circulación na rúa Rei Daviña.

    Con esta iniciativa na que colaboran diferentes concellerías, a Policía Local, a Protección Civil e o club ‘Arousa en Bici’ preténdese educar ós mais pequenos da necesidade de utilizar o menor posible os coches pola contaminación que estes producen.

    Redacción Salnés