Manuel Osorio vence no Terrón e acada o Cpto. Galego

osorio250_020908.jpgVILANOVA > O vilanovés Manuel Osorio proclamouse esta fin de semana campión galego de Motos Acuáticas en Categoría Maxi. A ledicia do piloto foi dobre, porque ademais de acadar o título, fíxoo na casa, na praia do Terrón, que foi o escenario da competición.

De xeito incontestable. Así acadou Manuel Osorio o título en categoría Maxi este ano. Gañando tódalas probas e alzándose matemáticamente co cetro autonómico unha semana antes de que remate a competición.

Cinco de cinco 5 suma con esta de Vilanova o que lle fai inalcanzable para os seus rivais. Puido coa presión de xogar na casa, de ter que facelo ben sí ou sí, e apuntouse outra victoria no Terrón, por diante do vilagarcián Pablo Linder e do moañés Manuel Portela.

A chuvia e a néboa non foron quen de estropealo espectáculo, que foi seguido por moitos afeccionados e curiosos que se achegaron ata a praia.

Despois, no Concello, tivo lugar a entrega de trofeos na que estivo presente o alcalde Gonzalo Durán acompañado polos pilotos e por varios membros de federación.

En Jet ski a victoria foi a parar a mans de Carlos Avelino Blanco, que se impuso ó vigués Iván Fernández e ó marinense Isidoro Carabelos.

Ademais, disputouse tamén a segunda proba do Campionato Autonómico de Embarcacións Neumáticas na que se impuxeron a parella chegada dende Redondela Juan Carlos Solla y José David Álvarez.

Redacción Salnés