O Rasoeiro empata en Camariñas e culmina unha gran temporada

balonman250_150408.jpgGROVE > O Rasoeiro ven de remata-la mellor temporada da súa historia ó quedar cuartos na Liga. Os de Lao Santos empataron no último encontro ligueiro na cancha do Camariñas e agora xa pensan en facer un bo papel na Copa.

Final feliz para un temporada que tardará en esquencerse. Durante moitos partidos soñouse incluso cun posible ascenso de categoría, que despois, tras moitas lesións e por moitos factores que incidiron no xogo dos grovenses, non se puido acadar.

O equipo foi quen de asegura-la permanencia moi cedo e afrontou sen presión gran parte da liga.

No derradeiro encontro, xa sen nada en xogo, o Rasoeiro desplazouse a Camariñas, para enfrontarse a un rival da zona media da táboa.

E precisamente por iso víuse un partido moi relaxado no que ambos adestradores aproveitaron para darlle entrada ós xogadores menos habituais nesta campaña.

O partido non tivo moita historia; foi igualado durante os sesenta minutos, con vantaxes que nunca superaban os dous goles, e que decidíuse co cronómetro a cero, cando Bruno executou un tiro directo que puxo o empate final (28-28). Precisamente Bruno foi o máximo goleador do encontro con oito tantos.

Agora xa se pensa na Copa; Monte da Vila acollerá o sábado o encontro de cuartos de final que os ha de enfrontar ó Portadeza Lalín. Os xogadores mecos agardan con ilusión a chegada deste torneo que pode poñerlle a guinda a este magnífico ano.

Nesta mesma división o equipo pontevedrés do Cisne Grupo Pirsa caeu por dez goles de diferencia na cancha do campión de liga, o Peguform por 35 -25. deste xeito, o Cisne remata a liga en sexta posición.

Redacción Salnés