O Viajes Interrías recupera en Lugo as boas sensacións

futbolsala250_130410.jpgSALNÉS> O Grupo Junquera perdeu contra pronóstico na casa fronte ó Fene mentres que o Viajes Interrías sacou un empate da súa visita ó filial do Azkar.

Despois de varias xornadas de resultados desfavorables e goleadas recibidas, o Viajes Interrías volveu amosar a súa mellor cara para recuperar certa moral e sumar un punto que lle virá moi ben para a clasificación.

Enfronte estaba un Azkar B que viña recuperando posicións dende a parte baixa e que agora queda empatado a puntos cos portonoveses.

O duelo foi igualado de comezo a fin, como reflectíu logo o electrónico (5-5). Sen embargo na primeira parte dominaron os de Salgueiro que foron quen de marcharse ó descanso 2-3  no marcador grazas a tres tantos de Rubén.

A agresividade dos locais aumentou trala reanudación. Exerceron unha forte presión que fixo que o Interrías tivese moitas dificultades para sacar o balón controlado. Así as cousas, os lucenses foron quen de dárlle a volta ó resultado pero Alan, a sete para o remate, e Pibe no derradeiro minuto, equilibraron a balanza.

O Viajes Interrías tentará seguir polo bo camiño o venres cando recibe en Baltar ó Carballiño, segundo na xeral.

Peor lle foron as cousas ó Grupo Junquera que cometeu demasiados erros como para merecer gañar o encontro (2-7).

Ós de Rodrigo Feijóo non se lles pode pedir mellor actitude porque loitaron durante os 40 minutos. Quizais en certos momentos do choque faltoulles concentración. Sobre todo trala reanudación porque ó descanso chegouse sen goles. Ó inicio do segundo tempo encaixaron dous tantos que lles fixo ir a remolque. Ademais, a cada gol feito polos locais, o Fene contestou con outro na xogada posterior.

Esta derrota alonxa ós vilagarciáns da terceira praza coa que soñaban. Agora son quintos na táboa e a fin de semana que ven tocaralles descansar.

Redacción Salnés