O polideportivo de Bergondo podería estar rematado antes de fin de curso

 

NOIA> As malas condicións climatolóxicas provocaron unha demora na instalación da cuberta do polideportivo de Bergondo. Sen embargo, nas últimas semanas a empresa retomou as obras que están a piques de concluír. A nova infraestrutura dará servizo, non só ós catrocentos alumnos con que conta o colexio Felipe de Castro, senón a outros clubs e entidades deportivas da zona que, a partir deste verán, xa poderán facer uso do pavillón. A pesar da súa distancia co casco urbano, o emprazamento da nova instalación dará un servizo de proximidade ás zonas de Bergondo, Campo de Noia, Argalo e Sobreviñas.