A Conselleira de Política Social supervisa as melloras no centro de día de Porto do Son

PORTO DO SON> A Conselleira de Política Social visitou esta mañá o centro de día de Porto do Son para coñecer as mellores que se veñen de acometer nas instalacións. Ademais da pérgola da entrada, o investimento autonómico permitiu a substitución de varias fiestras e o pintado interior do inmoble.

As obras acometidas no centro de día de Porto do Son, financiadas cun investimento próximo ós 50 mil euros por parte da Consellería de Política Social, permitiron a instalación dunha cuberta na entrada e melloras no tellado así como a reestruturación e reforma de varios espazos interiores.

O alcalde aproveitou a visita da Conselleira para trasladarlle algunhas das demandas da entidade que xestiona o centro como o peche exterior da parcela na que se empraza o inmoble.

Durante a visita, a Conselleira tivo ocasión de coñecer as actividades que realizan os usuarios do centro nos distintos talleres e percorrer as dependencias das instalacións para comprobar o resultado das melloras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí