Falece un home no Careixo ó precipitarse dende o tellado da súa casa

    mortocareixo_100_170907.jpgBOIRO > Un veciño do núcleo de Careixo faleceu ó precipitarse dende unha altura de seis metros, cando se atopaba limpando os canlóns do tellado da súa casa.

    Todo apunta a que a vítima, A.S.D., de 87 anos de idade, esvarou impactando nun tellado próximo e posteriormente quedou tendido no patio da súa vivenda.

    Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia e un helicóptero do 061 así como diversos efectivos do corpo de bombeiros e de protección civil de Boiro. Cando chegaron os servizos de emerxencia, A.S.D. aínda se atopaba con vida polo que procederon a inmobilizalo e trasladalo ata a ambulancia. Sen embargo, unha vez no interior do vehículo medicalizado entrou en parada cardiorrespiratoria e faleceu.

    O tráxico suceso tiña lugar arredor das once e media da mañá do sábado. O home, que residía no número 2 do Careixo coa súa muller, atopábase só no momento do accidente.

    Segundo relataron os veciños da zona, a pesar da gravidade dos feitos ningúen se percatou do acontecido ata que chegaron os servizos médicos posto que a vítima caeu na parte traseira da casa. Foi unha veciño de Boiro a que dou a voz de alarma ó sentir os gritos do ferido.

    Este é o segundo accidente mortal que se rexistra no núcleo de Cabo de Cruz en tan só un mes. O pasado día un veciño do lugar Valiño tamén falecía ó caer dende o tellado da súa casa mentres traballaba na súa reparación.

    Redacción Barbanza