PSOE e PG apostan pola ‘externalización’ do servizo de limpeza

    cacabelos_bea100_220408.jpgGROVE > No Grove están estes días en xaque polo servizo de limpeza. PSOE e PG apostan por concederlle a xestión …

    … a unha empresa privada, pero en fronte xa teñen a negativa de Esquerda Unida, un dos seus socios de goberno. O alcalde e mailo edil de Limpeza compareceron hoxe para explicar os seus argumentos.

    contedores_grove200_220408.jpgPSOE e Partido Galeguista do Grove danlle 20 días de prazo ós seus socios de goberno para que se pronuncien sobre a xestión indirecta do servizo de limpeza municipal. Cren que esa é a mellor fórmula para ofrecer un servizo eficaz e eficiente. Segundo os cálculos do edil de Limpeza, Alfredo Bea, a concesión faríase por uns 900 mil euros, pero para que o Concello ofrecese ese servizo coas mesmas condicións precisaría investir 1,3 millóns anuais durante 6 anos. O alcalde indicou que a concesionaria se faría cargo non só da recollida dos residuos sólidos urbanos, senón tamén da recollida selectiva, do punto limpo (estes dous con xestión indirecta deste o 2002), ademais da limpeza viaria (esta de nova creación).

    Cacabelos e Bea saíron ó paso das críticas destes días. Insisten en que non é unha privatización, que o Concello seguirá tendo o control sobre o servizo aínda que o xestione unha empresa privada. Sobre os traballadores municipais afirman que non perderán o seu emprego, senón que irán a outras áreas. E ós que piden que se financie o servizo con convenios coa Xunta, dinlles que prefiren destinar este diñeiro noutras actuacións.

    Esquerda Unida xa indicou que non apoia esta decisión e BNG aínda o está a estudiar. Segundo o pacto de goberno, se tres formacións están a favor a cuarta deberá respectalo.

    Redacción Salnés