A quita das preferentes non minora os dereitos dos afectados

     O SALNÉS> Este primeiro de febreiro ábrese o prazo estipulado para a permuta das participacións preferentes por accións

    {flowplayer}images/salnes/preferentes_31012013.flv{/flowplayer}

    … dos bancos nacionalizados, como é o caso de Novagalicia Banco, previa quita de entre o 30 e o 70 % da cantidade investida. No caso galego este canxe xera aínda máis incerteza posto que Novagalicia non cotiza en bolsa; polo que as accións será recompradas a cargo do Fondo de Garantía de Depósito; por unhas condicións que aínda se descoñecen.

    Ante esta nova fonte de desacougo dos aforradores afectados, asociacións de consumidores como a UCGAL fan un chamamento á calma, asegurando que, aínda que se rebaixe o valor do producto con esta quita, non minoran os dereitos dos afectados en contra do proceso de comercialización das mesmas. Ó tempo avisan ós propietarios destes productos que se preparen para acudir a outras vías como é a xustiza por se a arbitraxe non se mantivera o tempo desexado para satisfacer tódalas demandas.

    Para seguir reclamando os seus dereitos, afectados polas preferentes de toda Galicia fan un chamamento a unha gran manifestación que partirá este sábado día 2, ás 11.30 da Alameda de Santiago de Compostela.

    Redacción Salnés