A Lei de Protección do Litoral impide a construcción do novo mercado

    prazadeabastos_100_190907_-_still_001.jpgSANXENXO> Catalina González, alcaldesa de Sanxenxo, reuniuse onte pola tarde coa directiva da Asociación de Vendedores da Praza de Abastos

    … para abordar os problemas que hai pola ubicación do novo mercado da vila. Ambas partes chegaron ó acordo de emprazar o novo mercado nas inmediacións do Novo Templo, dentro da urbanización dos Plans de Execución Integral 16 e 17. No mesmo lugar onde o concello pretende construír o novo centro de saúde e varias vivendas sociais. Nembargantes este proxecto atópase paralizado pola Lei de Protección do Litoral aprobada pola Xunta de Galicia que puxo o freo o desenvolvemento deste proxecto tan demandado por vendedores e clientes. Sen embargo, na xuntanza de onte, a alcaldesa e os representantes dos ‘placeros’, acordaron colaborar na redacción dun regulamento municipal de mercados que poida rexir a actividade mercantil nestes recintos. Tamén prepararán un protocolo de intencións que recolla a pretensión do goberno municipal de realizar as obras do novo mercado coas características pactadas cos comerciantes. Ante o freo legal ó que se enfrontan, Catalina González, non pode crer que dende a Xunta pretendan protexer a costa por riba do Novo Templo xa que afirma que quen coñece Sanxenxo sabe de sobra que esta medida non ten ningún sentido.

    Redacción Salnés