Os comuneiros queren converter a lagoa de Pedras Miúdas nunha zona de recreo

    catoira_100_200907_-_still_001.jpgCATOIRA> Os comuneiros de Catoira acolleranse á nova política forestal, coa que se lle dará un uso multifuncional ós montes galegos, …

    … para reparar ós arredores da Lagoa de Pedras Miúdas.

    Gonzalo Constenla, delegado de Medio Rural, acompañaba esta mañá a Luís Rey, presidente da Comunidade de Montes de Catoira, nun paseo pola zona dos muíños situada na parte superior da Lagoa de Pedras Miúdas. Os comuneiros deste concello pretenden converter esta zona nun pequeno parque natural e para elo acóllense á nova política forestal de Medio Rural coa se pretenden poñer en valor os montes galegos.

    Constenla afirmou que se terá en conta este proxecto e que as características da zona se adaptan perfectamente á nova política territorial.

    Neste proxecto os comuneiros tamén queren integrar a zona dos muíños de vento volvéndoos a por en marcha despois de que foran arrasados polos incendios do ano pasado. Tamén tentarase conectar esta zona coa da canteira e construír un mirador. Nembargantes estes proxectos aínda están por aprobar pero o que xa está pendente de construcción é un valado de todo o espacio.

    O delegado de Medio Rural tamén aproveitou a súa visita a Catoira para comprobar o estado das pistas forestais que foron reformadas pola consellería. Polo momento as dúas que están rematadas son as principais: a que comunica a zona dos muíños coa ladeira do monte Xiabre e a que conduce de San Salvador ate San Cibrán.

    Redacción Salnés