![]()
RIBADUMIA > Miguel Ángel Gómez Abal non olvidará o que lle aconteceu o pasado venres. Unha confusión que puido custarlle á vida. Axentes da comisaría de Policía de Pontevedra…
…o confundiron cun narcotraficante. Disparos, persecucións e ata unha paliza foron os ingredientes dunha noite que Miguel Ángel tardará bastante tempo en esquecer. O que se viviu en Ribadumia a noite do pasado sábado podería ser o punto de partida de calquera película policiaca.
Unha desafortunada confusión que puido ter consecuencias aínda máis graves das que lle aconteceron a Miguel Ángel Gómez. Policías de paisano o confundiron cun narcotraficante. Segundo a presunta víctima, o medo fixo que fuxirá e aquí foi cando comezaron os disparos e a persecución. Unha coñecida cafetería situada en Ribadumia foi o lugar onde os axentes presuntamente agrediron a Miguel Ángel. A dona do establecemento foi unha das persoas que foi testemuña deste forcexeo. Despois disto, Miguel Ángel foi trasladado á comisaría ata que o liberaron sen ningún tipo de explicación varias horas despois. Contusións por todo o corpo, un collarín e o seu coche, accidentado e con buracos de bala.
Agora, a presunta víctima quere que o seu caso se coñeza para así evitar así que este tipo de situacións se volvan a repetir. Dende que o deixaron en liberdade Miguel Angel aínda non tivo ningunha noticia nin contacto por parte da Policía.
Redacción Salnés









