O comercio local asegura que ‘Ribadumia teno todo’

    campana_ribadumia100.jpgRIBADUMIA> ‘Ribadumia teno todo’, é o slogan da ambiciosa e moderna campaña de publicidade, da Asociación de Comerciantes de Ribadumia.

    {flowplayer}images/salnes/campana_ribadumia.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> ‘Ribadumia teno todo’, é o slogan da ambiciosa e moderna campaña de publicidade, da Asociación de Comerciantes de Ribadumia.

    Presidentes das Asociacións de Comerciantes do Consorcio do Salnés, Deputación e Concello a través do Vicepresidente e da Tenente de alcalde, tiveron a ocasión esta mañá de ver en primicia o novo spot da asociación de comerciantes de Ribadumia.

    A produtora encargada de rodalo, asegura que se trata dunha campaña diferente, moderna e arriscada dados os estándares da publicidade, que usan as asociacións de comerciantes. O anuncio para a televisión ten a filosofía de suxerir mais que ensinar e demostra o seu slogan a través dunha historia emotiva, con aspecto de película caseira.

    A Asociación Profesional de Comerciantes de Ribadumia, pretende cos esta nova campaña, demostra que nunha época de grandes centros comerciais, pódese potenciar e dinamizar o pequeno comercio.

    Redacción Salnés