VILANOVA> A ONCE súmase a celebración do 150 aniversario do nacemento de Ramón María del Vallé Inclán. O próximo xoves 27 de outubro, o cupón recreará a fachada da casa, en Vilanova de Arousa, que viu nacer a este xenio das letras.
Os muros da casa natal de Valle Inclán, foron este venres testemuñas da entrega, por parte do Delegado Territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, a Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova, dunha copia enmarcada do cupón da ONCE do día 27 de outubro, que estará ilustrada cunha foto da fachada do Pazo do Cuadrante.
O 150 aniversario do nacemento do autor é o motivo polo cal a ONCE decidiu estampar a fachada da súa casa natal nos 5.500.000 de cupóns, que os máis de 20.000 vendedores repartiran ao longo e ancho da xeografía española.
O delegado da Once, manuel Martínez recoñeceu na súa comparecencia que a mellor homenaxe que se lle pode facer a Valle Inclán é seguir a súa obra. Martínez Pan recordou que a ONCE ten editada a obra do escritor na súa biblioteca, tanto en sistema de lectoescritura braille, como edición sonora, a disposición de tódolos seus afiliados.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/21/ptac_cupon_valle_inclan_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/21/ptac_cupon_valle_inclan.mp4{/flowplayer}¡