![]()
VILAGARCÍA> O último espectáculo do Ballet Flamenco de Sara Baras ‘Sabores. Para Concha mi madre’ representarase este venres no Auditorio.
Unha obra dirixida e coreografiada pola propia ‘bailaora’ que amosará ós asistentes os diferentes estilos de flamenco. Hoxe foi presentado por Xosé Castro Ratón, concelleiro de Cultura de Vilagarcía e polo director comarcal de Caixanova, Javier Villaronga.
Este será un espectáculo que se achega ate a capital arousana gracias ó convenio de colaboración do concello con esta entidade bancaria. Con esta actuación sen guión argumental e dirixido e coreografiado pola mesma Sara Baras, a ‘bailaora’ pretende amosar os diferentes estilos de flameco.
Un ballet formado por nove bailaríns que encherán o auditorio de sons e danzas como tangos, jaleos e bulerías ou alegrías. Sara Baras estreou este espectáculo con gran éxito de público no teatro francés dos Campos Elíseos e o vindeiro venres ás nove da noite chega á auditorio de Vilagarcía.
Os abonos rematáronse onte e a partir de hoxe véndense entradas soltas con prezos de entre 20 e 27 euros dependendo das zonas. Os interesados poden comprar a súa entrada a través de internet na páxina www.caixanova.es ou por teléfono no 902.504.500.
Redacción Salnés







