![]()
POBRA > Isaac Maceiras reuniuse con responsables de varias empresas para analiza-las melloras acometidas nos seus sistemas de predepuración, tralo prazo establecido polo executivo local.
Na xuntanza celebrada no concello pobrés participaron Juan Pablo Barrio e María Jesús Tejada en representación de Augas de Galicia, Casimiro González e Paula Piñeiro por parte de Aquagest, a empresa concesionaria do servizo de auga e saneamento neste municipio, así como tamén representante das empresas Actensa, Escurís, Congalsa e Sálica, as de maior volume das asentadas no polígono industrial da Tomada.
Tanto o alcalde coma o edil de industria trasladáronlle ós representantes das empresas as modificacións efectuadas no regulamento de vertidos e que será levado a pleno o vindeiro 10 de outubro para a súa aprobación posterior no Boletín Oficial da Provincial. Entre as variacións realizadas destacan as multas polas infraccións cometidas, que será aplicado con todo rigor polo concello.
Cumprimento da normativa
O alcalde sinalou ademais que a maioría das empresas cumpre co establecido no regulamento, despois de realizar mellloras nos seus sistemas de depuración.
O que si queda bastante claro é que o executivo pobrés pretende a partir de agora poñer coto a tódolos danos e prexuízos que as industrias causen na rede de saneamento a consecuencia dos vertidos ilegais, que irá a conta da empresa sancionada. Con esta modificación o goberno local pretende facer efectiva a máxima de quen contamina, paga.
Redacción Barbanza










