Pecha unha campaña condicionada pola escaseza da nécora

    RIBEIRA> Dende o seis de xaneiro xa non está permitido capturar nécora en toda Galicia. O peche da campaña deixou resultados desiguais aínda que destaca a escaseza de capturas. Con todo, o incremento da demanda durante o Nadal contribuíu a aumentar a cotización do crustáceo. A escaseza de nécora condicionou a campaña deste ano que vén de pechar cun balance bastante modesto. En Ribeira, moitas embarcacións optaron por dedicarse a outras especies como a ameixa polo que a lonxa rexistrou un importante descenso das descargas desta especie. A nota positiva veu da man dos prezos que, precisamente debido á escasa presenza de marisco, conseguiron manterse estables toda a campaña con subas destacadas durante o Nadal. A Consellería do Mar decretou a veda da nécora a partir de mañá, día seis de xaneiro, a pesar das demandas dalgunhas confrarías de ampliar a campaña. Non se poderá capturar nécora en augas galegas ata o un de xullo.