A Xunta investirá 1.200 millóns de euros en I+D+i ata 2015

    plan_investigacioncopy.jpgSANTIAGO> O 75% das partidas deste fondo as aportará a Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_XUNTA.flv{/flowplayer}

    O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, xunto ó Conselleiro de Economía, Javier Guerra, presidiron esta mañá en Santiago de Compostela o acto de presentación do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015.

     Trátase dun novo modelo baseado nestes tres factores cuxo principal reto é substituír a lóxica dos recursos pola lóxica dos resultados. Para, iso, segundo o presidente do goberno autonómico, Alberto Núñez Feijoo, a clave estará na eficiencia e na cooperación entre investigadores, empresas e universidades.

    Este plan conta cunha inversión de mil douscentos millóns de euros, un 45% máis respecto á planificación anterior. O 75% das partidas deste fondo as aportará a Consellería de Economía e Industria.

    E un documento que ten por finalidade última fortalecer Galicia a corto, medio e largo prazo.

    Centros tecnolóxicos

    Pola súa banda, os centros tecnolóxicos galegos, AIMEN, ANFACO-CECOPESCA, CTAG e GRADIANT valoraron moi positivamente este plan. Sinalan que a través deste documento promoverán a innovación tecnolóxica como elemento clave no incremento da competitividade empresarial.

    Destacaron, ademais, que as novas liñas expostas permitirán reforzar as capaciddaes tecnolóxicas dos centros e a formación dos seus investigadores.

    O Plan estará xestionado pola Axencia Galega de Innovación.

    Redacción Salnés