A POBRA> Nace na Pobra unha asociación para impulsar a agricultura ecolóxica e o cultivo de terras en desuso. Para dala a coñecer, o concello organizou unha serie de sesións informativas por tódalas parroquias.
Un ano despois de que o concello da Pobra iniciara o proxecto de aproveitamento de excedentes agrícola, os participantes veñen de constituír a asociación Agro da Pobra. Trátase dunha entidade sen ánimo de lucro que busca promover o cultivo ecolóxico non só das hortas privadas senón tamén dos bancais colectivos cos que contará na zona de Laxe, en Cabío.
Para dar a coñecer esta nova entidade e implicar a máis xente no proxecto, programouse unha serie de charlas informativas polas distintas parroquias.
Como complemento, o concello organizará por segundo ano consecutivo unha nova edición do obradoiro de agricultura ecolóxica impartido polo colectivo Sachos á Rúa.
Ademais de poñer en valor a produción agrícola das pequenas explotacións do concello, a nova asociación busca fomentar o consumo de alimentos de proximidade xerando así actividade económica na propia vila.